CRTVG

Buscar

Atopan enterrado na súa casa o corpo da muller desaparecida en Terrassa en 2018

Publicado o 20/06/2019 08:05

Dez meses na súa procura e é moi probable que nunca saíra da casa. Á espera dos resultados da autopsia, todo indica que o cadáver atopado no taller da vivenda que Mònica Borràs compartía coa súa ex-parella en Terrassa é, precisamente, o dela.

As análises do corpo tamén axudarán a determinar as circunstancias da morte da muller de 49 anos, cuxa desaparición denunciara o seu compañeiro, Jaume Badiella, agora detido.

O xeorradar localizou os restos baixo unha capa de xeso, e converteu as hipóteses en certezas.  Ao localizar o cadáver, Badiella confesou o crime. O sete de agosto de 2018 este informático de 54 anos acudira a comisaría coa nai de Mònica Borràs para denunciar a desaparición. Xa fora el só o día anterior, pero recomendáronlle agardar. Dixo que discutiran, que ela saíra da casa e que non volvera. O home declarou incluso aos medios que a muller marchara nunha das súas arroutadas, consecuencia dun trastorno de personalidade.

Hoxe, os Mossos volverán ao domicilio cun forense para retirar o cadáver con garantías. O caso lévao o Xulgado de Violencia Machista número un de Terrassa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019