CRTVG

Buscar

Atopan dúas granadas da guerra civil española en Vilaboa

Publicado o 28/05/2020 13:02
Atopan dúas granadas da guerra civil española en Vilaboa

A Garda Civil recolleu dúas granadas da guerra civil española, despois de que un veciño de Vilaboa as atopara cando limpaba o pasado luns nun alboio xunto ao seu domicilio. Ao parecer, as granadas estaban ocultas nunha caixa de madeira. O veciño deu o aviso á Garda Civil, que activou o protocolo e enviou ata alí aos especialistas TEDAX, do servizo de desactivación de explosivos de Pontevedra.

Puideron confirmar que se trataba dunha granada de morteiro e outra de man defensiva, coñecidas como 'polacas'. Malia a súa antigüidade e o seu mal estado de conservación, mantiñan activas as súas propiedades explosivas, facendo que a a súa manipulación fose "extremadamente perigosa", xa que os mecanismos de seguridade se viran deteriorados pola corrosión.