CRTVG

Buscar

Atopan dous cadáveres parcialmente calcinados nunha vivenda en Toledo

Publicado o 06/11/2019 14:10

A Garda Civil investiga o descubrimento de dous cadáveres parcialmente calcinados nunha vivenda abandonada da localidade castelá-manchega de Quintanar de la Orden. Os corpos foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal de Toledo para que se lles fagan a autopsia. Os cadáveres foron descubertos por un veciño nesta casa abandonada de Quintanar de la Orden, en Toledo.

A vivenda, frecuentada habitualmente por persoas sen teito, sufriu recentemente un incendio, polo que os dous corpos estaban parcialmente calcinados. Os cadáveres, que non tiñan signos externos de violencia, foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal da capital castelá-manchega para que se lles faga a autopsia.

Os investigadores agardan a recibir os resultados preliminares para coñecer cando e en quecircunstancias ocorreron as mortes. A Garda Civil fíxose cargo do caso.

 

Noticias web

06/11/2019