CRTVG

Buscar

Atopan 39 cadáveres no contedor dun camión preto de Londres

Publicado o 23/10/2019 21:20

Pouco se sabe do achado macabro desta mañá preto de Londres. A policia descubriu os corpos sen vida de 39 inmigrantes dentro dun camión frigorífico procedente de Bulgaria. O condutor do camión está detido. É un mozo norirlandés de 25 anos.

Os veciños de Grays colocaron flores no lugar onde a policia descubriu esta madrugada os cadáveres de 39 persoas, supostamente inmigrantes. Unha chamada do servizo de ambulancias alertou os axentes da presenza dos cadáveres no contedor deste camión. 38 adultos e un adolescente. Descoñécese se son homes ou mulleres e tamén a sua nacionalidade.

A prioridade da investigación, di a policia, é identificalos. Sábese que o camión viña de Bulgaria e que entrou ao Reino Unido por Irlanda, unha ruta habitual das mafias que trafican con persoas, pero menos vixiada que os portos de Calais ou Dover.

O condutor, un mozo irlandés de 25 anos, está detido como sospeitoso de asasinato. A investigación prevese longa e complicada. A policia apelou a colaboración cidadá para tratar de aclarar as circunstancias que rodean o caso.

"Son seres humanos buscando unha oportunidade. Merecen dignidade e respecto, por iso veño traer flores", di esta moza.

Polos veciños desta pequena localidade, a 30 quilómetros do centro de Londres, non ha quedar.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí