CRTVG

Buscar

Athenea marca o gol da xornada na vitoria do Deportivo Abanca

Publicado o 19/01/2020 21:06

Para a lembranza da xornada e posiblemente da temporada quede este gol de Athenea del Castillo. A cántabra disfrazouse de Messi ou de Maradona, elixan vostedes. Sorteou unha, dúas, tres, catro... A canta xogadora do Betis lle saiu ao paso e acabou marcando un golazo de bandeira.

Athenea levou os focos pero a efectividade púxoa a de sempre, a goleadora Peke. Ela forzou e transformou un penalti no primeiro tempo. Logo chegou a marabilla de Athenea e o susto que deu o Betis, que malia estar en descenso presentou batalla. Faltaba o terceiro gol, marcado por Peke, e que deixa o Deportivo con trinta puntos. O obxectivo que se marcara a principio de temporada acadouno case cunha volta de marxe.

Noticias web

19/01/2020