CRTVG

Buscar

Athenea del Castillo: "Esta temporada é un soño para min. Vivo a situación con moitos nervios"

Publicado o 09/04/2020 15:05

A xogadora do Deportivo Abanca Athenea del Castillo, internacional nas categorías inferiores da selección, considerou que a tempada da súa estrea e a do equipo galego na elite foi de "ilusión" e desexou poder terminala no campo coa continuación da competición despois da COVID-19.

"A valoración que fago da tempada é que foi incrible e moitas de nós estamos a cumprir o noso soño, debutando na máxima categoría. É unha tempada de ilusión. Pero vivo a situación con moitos nervios", comentou nunha conferencia de prensa telemática.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

09/04/2020