CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Atención psicolóxica no tratamento dos trastornos da conduta alimentaria

Publicado o 02/06/2018 14:55





Outra situación que require atención psicolóxica e que a miúdo se manifesta durante a adolescencia son os trastornos alimentarios.
Esta mañá, na Coruña, un grupo de psicólogas, formáronse na atención a pacientes de longa duración, resistentes aos tratamentos, e que precisan unha atención diferenciada.

Estamos máis alerta sobre os trastornos alimentarios nos adolescentes, aprendemos a detectar condutas de risco pero o contexto social e os hábitos de vida que a miúdo temos, adultos e adolescentes, non contribúen a eliminalos.

"En realidade o trastorno alimentario é como un continuum que vai desde o infrapeso total ao sobrepeso total. A comida é o xeito que esas persoas atoparon para afrontar a vida."

O estrés diario está levando a que aumente a incidencia do trastorno bulímico, e cando os pacientes non responden ao tratamento ao longo dos anos é preciso intervir con modelos diferentes. É o caso do que aplica a doutora en Psicoloxía Rosa Calvo no Hospital La Paz de Madrid con persoas que xa pasaron máis de catro tratamentos sen resultados positivos:

"Porque non coñecen ou non lles ensinaron que debaixo o que hai é unha serie de afectos ou emocións negativas que de maneira inconsciente relacionaron coa comida"

O modelo incide sobre a capacitación cognitiva e emocional do paciente.

"Axudar a procesar ese mundo emocional ou relacional dunha maneira distinta para que pouco a pouco a comida non lles faga falta. Nin lles faga falta adelgazar nin sentir que valen só a través do corpo, porque se dan conta de que eles teñen unha valía persoal, nin lles faga falta a comida porque saben respirar, serenarse, porque saben queixarse, falar, defender os seus dereitos. 5.00

E isto non é doado porque se lle pide ao paciente un cambio de valores que a miúdo non atopa no mundo que o rodea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí