CRTVG

Buscar

Atacan con fogos de artificio e barras de ferro unha comisaría de París

Publicado o 12/10/2020 15:01

En París máis de 40 persoas atacaron unha comisaría con barras de ferro. Tamén con proxectís e fogos artificiais.

Non houbo feridos, e, polo momento, non se produciron detencións. Varios coches patrulla quedaron danados, e romperon vidros do edificio.

Ningún grupo reivindicou o ataque pero xa é o terceiro que sofre esta comisaría en dous anos.

Noticias web

12/10/2020