CRTVG

Buscar

Ata o 30 de setembro pódese visitar A Casa da Troia

Publicado o 14/09/2020 21:45

O espírito da Compostela de finais do século XIX, da Compostela estudantil e, sobre todo, o espírito da novela do escritor Alejandro Pérez Lugín quen, inspirándose nesta pousada, escribe unha das obras en lingua española máis lidas de todos os tempos: 'A casa da Troia'. A historia dun mozo madrileño que vén estudar a Santiago. Máis de 100 edicións, a primeira de 1915 con portada de Castelao, e cinco versións cinematográficas.

Alí segue, na Troia, hoxe convertida en museo. As visitas son un percorrido pola novela de Lugín e por aquel sentir universitario.
Os traxes ... as camas ... os lugares de encontro,... obxectos dunha sociedade e dunha época. Nos anos 60 a pensión baleirouse e viviron familias. No 93 faise museo cun patrimonio moi amplo.

Unha recreación fiel en que, como na película, na novela ou na cidade a música da tuna, a única banda sonora posible. Tamén nas visitas, dispoñibles ata o 30 de setembro.






 

Noticias web

14/09/2020