CRTVG

Buscar

Ata decembro é posible visitar as illas Cíes

Publicado o 07/10/2019 14:28

Poderían parecer imaxes estivais, pero son desta mesma mañá. E é que as viaxes diarias a Cíes aínda se manteñen ao longo desta semana nun ano no que o número de visitantes roza xa os trescentos mil. As Illas afiánzane como o principal reclamo turístico da comarca e a súa popularidade traspasa fronteiras.

A maior parte das visitas ás illas Cíes rexistráronse en agosto. Ese mes os barcos colgaron ao longo de 31 días o cartel de completo. Viaxar en outubro é máis doado e para moitos visitantes todo un luxo con temperaturas case, case de verán.

Achegarse a Cíes aínda será posible nas fins de semana de outubro, novembro e decembro, co obxectivo de desestacionalizar as viaxes ás illas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019