CRTVG

Buscar

Asturias e País Vasco seguen batallando contra o lume

Publicado o 06/03/2019 21:28

En Asturias, a Garda Civil trata de identificar un presunto incendiario que foi visto prendendo lume en varios puntos da Bobia, en Onís, desde un dos helicópteros do Servizo de Emerxencias do Principado. Un dos focos activos que máis preocupa as unidades de extinción. A mellora das condicións meteorolóxicas permitiron reducir o número de incendios forestais a sete, tres permanecen activos e catro xa están controlados. O remate do forte vento axudou a calmar a situación, con algún que outro sobresalto.

No País Vasco a situación parecía máis controlada, grazas tamén aos chuvascos, pero os refachos de vento foron moi fortes e cambiantes e volveron crear moitos problemas. Os medios aéreos non poden saír e os traballos desde terra complícanse.

En Navarra foi sufocado outro incendio forestal no porto de Belate que tivo o seu punto máis álxido de madrugada. En Asturias, a falta da perimetración do lume, as autoridades xa avanzaron que esta vaga de incendios arrasará con máis hectáreas que en todo 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019