CRTVG

Buscar

Astronautas, nobres e pantasmas, variedade na carteleira

Publicado o 20/09/2019 15:41

Do exterior ao interior, do espazo e as estrelas á relación co pai. Brad Pitt é un astronauta que busca a solución para un problema da humanidade subido a unha nave, pero que ao tempo trata de comprender a relación co seu pai. Viaxe de carácter existencial.

Condado inglés de Yorkshire 1910. A familia Crawley e as súas vicisitudes xa nos cines logo de seis exitosas temporadas como serie de televisión. Cartos, intrigas e, por suposto, romances.

No mundo do xénero, Pascal Laugier fixérase un nome hai máis dunha década coa excesiva Martyrs. En Ghostland rebaixa o nivel do explícito para contar a historia de tres mulleres enfrontadas a unha serie de crimes e ás súas pantasmas. Terror de alto nivel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019