CRTVG

Buscar

Aspas non estará nin en Valladolid nin co Sevilla

Publicado o 25/01/2019 20:10

E pensando na visita a Zorrilla, o Celta ten varios problemas, empezando pola ausencia de Iago Aspas. Nin Iago Aspas nin Okay Yokuslu disputarán o partido deste domingo en Zorrilla. O turco segue adestrándose á marxe do grupo. E xa saben que Aspas recaeu da súa lesión muscular. O dianteiro será baixa para este encontro e probablemente tampouco estará ante o Sevilla. Para a semana empezará con adestramentos limitados co grupo. O club indica que a cicatrización avanza pero non é completa.
 
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2019