CRTVG

Buscar

Aspas: "Necesitabamos esa confianza e respirar un pouco"

Publicado o 07/10/2019 16:25

Aduritz foi buscalo ao final do partido. Volveu nun día clave. Lembroulles aos compañeiros que tiñan que saudar a Balaídos. Difícil entender este Celta sen Iago Aspas. Tan determinante no campo como nos despachos durante a pretemporada na operación retorno. E incluso agora para aqueles que botan de menos un dianteiro tipo Maxi Gómez, Aspas sae na defensa de Santi Mina.

Ledicias poucas polo momento este Celta de Escribá. Onte, fútbol plano, con pouca chispa e con escasass ocasións. Só un gol, de córner, de Aspas, un gol para calmar a inquedanza.

Nove puntos de 24 posibles. Foi unha vitoria necesaria para ter acougo nunha semana con parada da liga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019