CRTVG

Buscar

Asinado un preacordo para o convenio do fútbol feminino

Publicado o 20/12/2019 21:40

A Federación Española tamén decidiu suspender o Dépor Feminino contra a Real Sociedade da máxima categoría feminina. Íase xogar mañá á 1 da tarde. Precisamente no tocante ao fútbol feminino hoxe puido ser un día importante. Hoxe era a data límite para avanzar no convenio polo que loitaron as xogadoras e todo apunta a que se chegou a un preacordo. O convenio asinarase o vindeiro 15 de xaneiro. O pacto cumpre parcialmente o acordado hai un mes. O adestrador do Dépor di que as xogadoras non se poden conformar só co convenio.

Noticias web

20/12/2019