Asime defende que o Goberno interveña Alcoa San Cibrao
Publicado o 26/10/2020 21:11
Asime, a Asociación de Industriais Metalúrxicas de Galicia, defende a venda de Alcoa e, se non hai outra saída, a intervención temporal da factoría de San Cibrao. Foi tras unha reunión cos traballadores de Alcoa.
Para o comité de empresa, a postura da patronal do metal evidencia que todos os sectores da sociedade teñen a misma percepción: que sería un erro prescindir da única fábrica de aluminio primario de España.