CRTVG

Buscar

Así funciona o sistema de hospitalización domiciliaria

Publicado o 08/07/2019 18:43

Os equipos de Atención Hospitalaria avalían caso por caso os potenciais beneficiarios da hospitalización a domicilio. Unha alternativa asistencial que minimiza os desprazamentos para probas diagnósticas e evita ou acurta os ingresos en hospitais. "Mantemos a asistencia ao mesmo nivel que se estivera hospitalizado. En canto a probas, intensidade de coidados, controis...", explica Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria.

A figura dun coidador no domicilio e o consentimento por parte do paciente son requisitos indispensables para acceder a este servizo. Cada vez máis demandado, o novo plan adáptase aos tempos. "Facendo unha interconsulta con hospitalación a domicilio poderán revisar o caso e evitarase que acuda a urxencias, evitarase a hospitalización e poderán, desde Atención Primaria, directamente, quedar ingresados nas unidades de hospitalización a domicilio", di Aboal.

Os ingresos en domicilio tamén se decidirán desde urxencias ou desde as propias consultas externas do hospital.

Noticias web

08/07/2019