CRTVG

Buscar

Así funciona a teleasistencia do Sergas

Publicado o 14/10/2019 15:25

Santa Comba. Ramón. 74 anos. Hipertenso.

Centro de saúde. Susana. Enfermeira especialista en familiar e comunitaria.

Susana chama por teléfono a Ramón.

"Si?"
"Bos días, Ramón. Estou aquí, na consulta, revisando as medidas que introduciu no TELEA".

Que introduciu no TELEA, o programa de teleasistencia do Sergas. 

"Trátase dunha plataforma dixital de atención aos pacientes con patoloxías crónicas", aclara a enfermeira.

Ramón toma a tensión. Comproba e anota os valores.

"Agora a filla méteo no ordenador".
"Meto os datos da tensión e mais o peso".

Fano pola mañá e pola noite cada quince días.

"E eu, cunha soa ollada, vexo a última biomedida que o paciente rexistrou", explica Susana.

Entón a enfermeira especialista valora os datos. En función deles, de sehai que cambiar tratamentos, ponse en contacto co paciente por mensaxe ou ben por teléfono, coma neste caso.

"Vexo que a tensión e o peso están ben", si Susana.
"Eu xa vin que andaba ben da tensión, pero mellor que mo digas ti", comenta Ramón.
"Continúe facendo exercicio, como falamos a última vez".
"Agora mesmo non camiño moito, que me doe o xeonllo. Pero despois xa farei".

Sen ter que ir ao centro de saúde, fan que o paciente estea controlado estando no seu propio ambiente.

"E facemos unha detección precoz dos cambios evitando ingresos innecesarios", explica Susana.

E fan que o paciente sexa activo no coidado da súa saúde, algo que axuda a mellorar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019