CRTVG

Buscar

Así foi o ambiente enrarecido do Dépor-Fuenlabrada

Publicado o 07/08/2020 22:46

Xa non contabamos. 18 días despois estase xogando o Dépor-Fuenlabrada e o partido está arrodeado por un ambiente enrarecido. Primeiro, porque ao longo da tarde soubemos que dous xogadores do Fuenlabrada que ían viaxar á Coruña tiveron que quedar en Madrid "por precaución". Segundo, porque o equipo madrileño conseguiu reunir 13 xogadores, con só dous suplentes. E porque viñeron co mínimo de 7 xogadores do primeiro equipo para non incorrer en aliñación indebida. No Dépor debutan o porteiro Jovanovic e o canteirán Valín. A afección deportivista, unha vez máis, estivo de 10. Corresponderon a Fernando Vázquez e finalmente non houbo recibimento para manter a seguridade.
 

Noticias web

07/08/2020