CRTVG

Buscar

Aumentan os casos en Lugo e rexístranse 10 positivos no Hospital Polusa

Publicado o 07/09/2020 13:57

Na provincia de Lugo, a escalada do coronavirus parece que se vai freando e nas últimas horas detectáronse 32 positivos, 15 menos que o día anterior. O que máis preocupa é a situación nas residencias de maiores, co falecemento de dous anciáns, un na do Incio e outro na de Outeiro de Rei. Hai ademais un gromo que afecta dez internos da Unidade do Maior do hospital privado Polusa. 

Unha traballadora foi a primeira en dar positivo. O hospital fixo un cribado de todo o persoal e detectáronse 10 casos de Covid-19 entre os 32 usuarios do servizo. Están illados nos seus cuartos e de momento estables.

Javier Atanes. Xerente do Polusa, "dos dez contaxiados, oitos son practicamente asintomáticos, dous teñen febrícula pero están estables"

Nas últimas horas faleceron na provincia de Lugo dous anciáns que estaban ingresados no hospital. Un deles procedía da residencia DomusVi de Outeiro de Rei, a outra era unha muller usuaria da Residencia do Incio, onde van xa quince falecidos.
As autoridades sanitarias seguen pendentes tamén do gromo orixinado na cidade de Lugo, que acumula 296 casos activos. As últimas PCR que se fixeron, 200, detectaron 14 positivos novos.

 

Noticias web

07/09/2020