CRTVG

Buscar

Ascenden a 39 os sospeitosos de padecer o virus do Nilo

Publicado o 22/08/2020 22:16

Ascenden a 39 as persoas sospeitosas de ter o virus da febre do Nilo en dúas localidades sevillanas; Coria de Río e La Puebla del Río.

Segundo os últimos datos, 26 xa deron positivo. Deles, 23 permanecen no hospital, 8 na UCI. Hai ademais dúas vítimas mortais desde o xoves pasado. Mentres, continúan os traballos de fumigación para evitar a propagación dun virus que podería estenderse por toda España, segundo alertan os expertos. 

 

 

Noticias web

22/08/2020