CRTVG

Buscar

Ascende a 2.835 o número de falecidos na China polo coronavirus

Publicado o 29/02/2020 02:24

• Hai un repuntamento de casos con relación ao día anterior

Ascende a 2.835 o número de falecidos na China polo coronavirus

A China suma 47 novas mortes por COVID-19 este venres e 427 novos casos confirmados. As cifras supoñen un repuntamento dos casos do 31% con respecto ao día anterior. Na China faleceron xa 2.835 persoas. Outras 79.251 resultaron infectadas de acordo co último dato facilitado pola Comisión Nacional de Sanidade.


Ata o momento as autoridades sanitarias chinesas realizaron seguimento médico a máis de 658.500 persoas que tiveron contacto próximo con infectados.


A provincia de Hubei, foco do andazo, acumula o 96% dos falecementos rexistrados na China polo coronavirus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí