CRTVG

Buscar

Ascende a 16 os falecidos na residencia do Incio tras a morte dun home de 90 anos no HULA

Publicado o 08/09/2020 19:59
Ascende a 16 os falecidos na residencia do Incio tras a morte dun home de 90 anos no HULA

Un home de 90 anos, usuario da residencia de maiores do Incio (Lugo) e ingresado no Hospital Lucus Augusti ( HULA) tras contaxiarse de coronavirus, faleceu este martes, co que son dezaseis as mortes por tal enfermidade asociadas a este centro, que sofre un importante gromo con 113 maiores contaxiados.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) indicou que a vítima presentaba patoloxías previas. Os falecementos por mor da pandemia na comunidade son 663, con este novo caso. A Xunta ten intervidas dúas residencias en Lugo, a do Incio e outra situada en Outeiro de Rei. 

Noticias web

08/09/2020