CRTVG

Buscar

Asasinan 24 persoas nun centro de rehabilitación en México

Publicado o 02/07/2020 13:43

En México un grupo armado asasinou 24 persoas e deixou 7 feridas no estado central de Guanajuato. O comando irrompeu nun centro de rehabilitación na localide de Irapuato cando había dentro 35 persoas, polo que se supón que algunhas puideron escapar. O local traballaba ilegalmente.

Establecementos como o atacado, alí coñecidos tamén como anexos, foron branco constante de ataque nesta localidade mexicana.

O estado onde aconteceu a matanza, Guanajuato, ten unha taxa alta de criminalidade, cun promedio de doce asasinatos cada día no que vai de ano.

Noticias web

02/07/2020