CRTVG

Buscar

Asalto á Area 51, a base onde se cre que se gardan segredos dos extraterrestres

Publicado o 20/09/2019 15:37

A idea naceu en Facebook e está supoñendo unha auténtica dor de cabeza para a administración estadounidense. Milleiros de cidadáns sumáronse a unha iniciativa promovida na rede para "asaltar" a Área 51, unha base no deserto de Nevada onde estas persoas cren que o exército dos EUA garda probas da existencia de vida extraterrestre.

As forzas armadas estadounidenses están preparadas para repeler calquera "asalto". O Goberno enviou máis de 1.500 efectivos para evitar a entrada de calquera intruso nesta área de máxima seguridade sobre a que tanto se especulou nos últimos anos. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí