CRTVG

Buscar

Asaltan a sede central de Coren tras pechar o vixilante nunha oficina

Publicado o 13/11/2019 14:15

Varios encapuchados asaltan a sede central de Coren en Ourense. O vixilante de seguridade atopouse de fronte con catro deles. Non puido facer nada, collérono e pechárono nunha das oficinas da sede, quitáronlle o teléfono móbil e tamén o transmisor. Cando os asaltantes fuxiron xa logrou dar a voz de alarma. Por sorte, non quedou ferido.

A Policía Nacional investiga o sucedido. Os axentes atopáronse coas oficinais totalmente revoltas. Polo momento, non se sabe o que falta, están facendo balance de danos e perdas, malia que dende a empresa non queren entrar a valorar o subtraído. Piden que as investigacións sigan o seu curso e se poida dar cos responsables. O recinto onde actuaron conta con cámaras de seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019