CRTVG

Buscar

Asaltan cunha pistola unha casa de apostas da Coruña

Publicado o 19/11/2019 14:56

Na Coruña, a Policía Nacional busca dous homes que asaltaron á man armada unha casa de apostas do barrio de Monte Alto.

Irromperon nun negocio en que estaba un empregado e un único cliente, ao que obrigaron a tirarse ao chan. Levaban a cara tapada e luvas. Amais, un deles, cunha pistola na man, comezou a insultalos. Obrigaron o empregado a abrir a caixa e fuxiron co cambio, que, segundo fontes policiais, non era moito.

Agora, a Policía Nacional anda á súa procura. Ao parecer, son dous homes de 1,80 de alto, robustos e latinoamericanos.

A Policía Científica xa tomou pegadas e os axentes non teñen claro que a pistola que portaba un deles fose de verdade ou de imitación.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019