CRTVG

Buscar

As xornadas 'De camiño ao mundo rural' abordan en Santiago os retos do agro e o sector forestal

Publicado o 05/11/2019 15:45

O fin é evitar o abandono das zonas rurais a través dunha mellor xestión de terras, que flexibilice a súa mobilidade con permutas, alugueiros ou vendas, e tamén grazas ao fomento do turismo sustentable, dos produtos agrarios de calidade e de iniciativas desenvolvidas por mulleres.
Nestas xornadas, intercambian ideas sobre como conseguir traballos rendibles e bos servizos no rural.

Edelmiro López, profesor de economía aplicada: "Servizos educativos, sanitarios, de atención á poboación dependente, tanto infantil como maior. E tamén mellorar infraestruturas, pero non as clásicas, como seguir facendo máis pistas, senón o acceso a Internet".

O maior problema de despoboamento está nas zonas de montaña, pero tamén alí pode haber posibilidades. 

Edelmiro López, profesor de economía aplicada: "Hoxe en día, sobre todo cun acceso axeitado a Internet, pódense desenvolver actividades punteiras en zonas que poden parecer remotas. Pero eu creo que nas zonas de montaña, a base ten que ser a da agricultura e gandería extensivas, complementadas co turismo".

E tamén, engaden, co aproveitamento dos espazos naturais protexidos, que poden ser unha fonte de renda para os residentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019