CRTVG

Buscar

As ximnastas galegas de elite entrenan na Coruña

Publicado o 18/08/2019 14:13

Pertencen á segunda división da máxima competición por equipos en ximnasia artística feminina a nivel nacional. Son o único equipo galego do Campionato de España, no que ocupan o terceiro posto. O seu é un deporte vocacional, moi duro e que require de moito sacrificio.

Teñen entre catorce e dezaoito anos, adéstranse duramente e axúdanse unhas a outras para seren mellores. Os seus esfozos para facer bos saltos, nas barras ou no chan dan froitos tamén fóra do ximnasio e dentro das aulas, xa que ademais de medallas, presumen de boas notas na escola.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019