Zigzag Diario
As xilografías de José Valentín, expostas na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña
Publicado o 15/11/2018 16:32
O artista betanceiro José Valentín descubriu o mundo da xilografía aos sesenta anos a través do Centro Internacional da Estampa Contemporánea. O seu universo é colorista e sensual, entre as liñas, as texturas e a omnipresenza do círculo. Agora ten unha mostra aberta na Casa Museo de Casares Quiroga na Coruña.