As xeadas deixan temperaturas de ata dez graos baixo cero no sur de Ourense
O anunciado descenso das temperaturas deixou sorpresas en forma de frío e xeadas que fixeron que os termómetros chegasen aos dez graos baixo cero nalgunhas localidades ourensás como Calvos de Randín. En Verín, rexistráronse nove negativos. Os campos brancos pola xeada son a estampa da primeira hora da mañá.
Tamén no centro de Lugo, en Vialba o termómetro baixou ata os neva graos baixo cero e en Sarria, pouco menos: oito negativos houbo a pasada noite
O curioso é que nesta ocasión as temperaturas máis baixas se deron nos vales, mentres que en zonas altas coma en Cabeza de Manzaneda ou en Pedrafita os termómetros chegaron aos cinco e seis graos, respectivamente.
De cara a mañá, de novo as néboas no centro de Lugo farán que as temperaturas sexan extremadamente baixas.
Os magos de Oriente terán que se enfrontar a unha noite máxica e tamén fría.