CRTVG

Buscar

As vivendas de uso turístico son un problema ou unha solución?

Publicado o 30/10/2019 18:37

En Vigo as vivendas de uso turístico duplicáronse no último ano. Hai rexitradas 316. É por iso que algunhas comunidades de propietarios están a modificar os seus estatutos para intentar prohibilas. Para eles representan un problema, porque a rotación dos inquilinos pode comprometer a seguridade e o mantemento do edificio.

"Un 80, un 90% é xente nova, entón claro, non podemos nin prohibirlle nin limitar de que cheguen ás tres, catro da mañá, e sabemos como é a xente nova que abren o ascensor e falan con toda a boa fe do mundo, pero molestan a comunidade", así opina Jorge Justo, que é o presidente dunha comunidade de propietarios.

Na outra cara da moeda está a cidade de Ourense. Aquí o censo é de 144 pisos dados de alta para uso turístico, o 40% deles situados na zona vella, algo que lles está dando moita vida aos comerciantes da zona.

Carlos Rodríguez, vicepresidente da Asociación de veciños Casco Vello di: "Estamos todos mobilizándonos para dinamizar o barrio, para facer actividades, e os apartamentos turísticos son outro aliciente. Son piso arranxadiños e ben preparadiños, é xente que fai consumo nas tendas do pequeno comercio e, en principio, para min é positivo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019