CRTVG

Buscar

As vítimas do terrorismo denuncian na súa homenaxe a entrevista a Otegi

Publicado o 27/06/2019 14:49

Hoxe conmemórase o Día das Vítimas do Terrorismo. A acto central celebrouse no Congreso dos Deputados envolto na polémica á conta das últimas declaracións do líder de Bildu, Arnaldo Otegi.

A homenaxe do Congreso ás vítimas do terrorismo estivo esta ano marcada pola entrevista que onte á noite concedeu Arnaldo Otegi en Televisión Española, onde o líder de Bildu evitou condenar os atentados de ETA.

Hoxe contestáballe, en representación das vítimas, Marimar Blanco. A deputada do Partido Popular cualificou a entrevista como humillante, como unha mostra de desprezo ás vítimas, e pediu que non se branquee a Bildu.

Os deputados de Podemos, Esquerra e PNV declinaron aplaudir o seu discurso. E os de Bildu apareceron só para o minuto de silencio co que rematou o acto. Pero a Otegi tamén lle respondeu hoxe o ministro do Interior, afirmando que a ETA a derrotou a sociedade e a acción policial.

Dende o Partido Popular e Ciudadanos acusan a Sánchez de usar a televisión pública para negociar a súa investidura.

Os deputados de Vox non quixeron participar nesta homenaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019