CRTVG

Buscar

As vítimas do Alvia recorrerán o auto do xuíz en que se culpan dúas persoas

Publicado o 23/09/2020 13:48

Hai novidades no caso do tren Alvia accidentado en Santiago hai sete anos. As vítimas e os familiares dos afectados pola traxedia que provocou oitenta mortos e cento corenta e catro feridos celebraron que o xuíz ampliara a imputación do maquinista ao director de Seguridade de Circulación de trens do ADIF, pero consideran insuficiente esta ampliación, ao non incorporar outros cargos do ADIF e tamén responsables políticos, polo que recorrerán contra o último auto ditado polo xuíz do caso.

Noticias web

23/09/2020