As vítimas da violencia machista din que a loita contra estoutra pandemia debe ser todos os días
Publicado o 25/11/2020 20:11
Joshua Alonso Mateo é un supervivente da violencia machista. Non estaba na casa cando a exparella da súa nai decidu asasinala e voar a vivenda polos aires hai case catro anos.
Entón, fíxose cargo do seu irmán menor de idade e emprendeu un novo camiño. Agora quere cambiar o estigma de orfo e estuda para ser técnico de igualdade.
Joshua leva catro anos percorrendo un labirinto burocrático, e xa traballa en elaborar un protocolo que axude ás vítimas nestos trámites legais que deben afrontar.
Nesta xornada as mulleres insisten que a loita contra a violencia machista debe ser cada día do ano. Os seus testemuños dan conta desa outra pandemia que vive a nosa sociedade.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 21:48