CRTVG

Buscar

As vendas de coches de segunda man incrementouse nun 4,3% durante o mes de xullo en Galicia

Publicado o 06/08/2019 19:24
As vendas de coches de segunda man incrementouse nun 4,3% durante o mes de xullo en Galicia

As vendas de coches de segunda man incrementouse nun 4,3 por cento durante o mes de xullo en Galicia, chegando a facerse máis de dez mil duascentas operacións. Son datos de Faconauto, a Patronal de Concesionarios de Automoción. Por comunidades, despuntan Castela-A Mancha e Madrid, con subas dun 19 e 15 por cento, respectivamente.

Se falamos do territorio nacional, o mercado medrou un 5,3 por cento ata superar as 180.000 unidades. Curiosamente, os motores diésel coparon dous terzos do mercado. Pero tamén foi o mes que salienta polas vendas de vehículos eléctricos, subindo nun 106 por cento con 300 unidades. 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019