CRTVG

Buscar

As urxencias do Clínico de Santiago refórzanse cunha sala de observación con 40 camas

Publicado o 27/10/2020 15:11

O hospital Clínico de Santiago reforza o servizo de urxencias cunha nova sala de observación con 40 camas.

O presidente da Xunta visitou hoxe esta ampliación, que se fixo en tempo récord. As obras comezaron a finais de xuño por procedemento de emerxencia, cando a covid-19 obrigou a dividir as urxencias en dúas áreas para atender por separado doentes de coronavirus e doutras patoloxías.

Nestas novas instalacións investiuse un millón setecentos mil euros.

Noticias web

27/10/2020