CRTVG

Buscar

As terrazas ocuparán as prazas de aparcadoiro da Coruña ata o 31 de xaneiro

Publicado o 09/09/2020 20:47

En rúas con beirarrúas de menos de dous metros e medio e só ocupando a fronte da fachada do local. O que antes era espazo reservado para os coches é agora unha tarima que alberga mesas dun bar ou un restaurante. Amplía a capacidade da terraza, pero sobre todo permite manter a seguridade nos locais.

É unha das novas realidades que deixa nas cidades a nova normalidade derivada da pandemia do coronavirus. Máis espazos para os cidadáns á custa de restrinxir o dos vehículos.

Na cidade da Coruña a instalación de terrazas en zonas de aparcadoiro manterase ata o 31 de xaneiro de 2021 e desde o sector hostaleiro algúns piden que se manteña de forma permanente.
 

Noticias web

09/09/2020