CRTVG

Buscar

As tendas de informática ao límite polo aumento da demanda de portátiles, impresoras e webcams

Publicado o 28/08/2020 20:24


A demanda de aparellos informáticos xa subira considerablemente o mes de marzo pasado, cando se decretou o estado de alarma e o confinamento. Agora xurde a inquedanza entre a poboación de que a situación da pandemia empeore de cara a outono, sobre todo pola posibilidade de que o ensino teña que ser online

"Agora mesmo a xente ten medo, ten medo, pensa que se pode volver a outro confinamento e volvemos a estar igual a xente xa vai comprando polo que poida pasar", di a encargada dunha tenda de informática.

Os portátiles e as impresoras son os artigos que están a ser máis demandados

 "O que está máis demandado agora mesmo á venda que subiu enormemente, é a venda de portátile, como dixen antes, pero é que estamos a falar dun aumento dun 90% na venda de portátiles", afirma a encargada dunha tenda de informática.

Tamén o caso das webcams, un accesorio que agora mesmo escasea e que duplicou o seu prezo con respecto ao que tiña hai uns meses.

"As webcams xa é unha cousa fóra de serie, As webcams eu xa digo que son ouro do unicornioporque non se atopa por ningures...hai moi pouca cousa e si que é verdade que as poucas que hai subiron bastante de prezo, pero aínda así temoa problemas para conseguilo, di a encargada dunha tenda de informática.

Maioristas e tendas do sector da informática comezan a ter listas de espera. Algunhas din que están ao límite e de sguir así poderían ter problemas de abastecemento.

Noticias web

28/08/2020