As temperaturas darán un respiro este xoves en Ourense tras varias xornadas de calor
Tiraba o vento en Ourense, pero aínda así resultaba difícil escapar á intensa sensación de calor destes días.
Un aviso amarelo alertaba hoxe de que podían chegar as treboadas a Lugo e Ourense e tamén de que habería de novo temperaturas altas en Valdeorras e o sur e o Miño de Ourense e Pontevedra. O mellor lugar para pasar a xornada, foron unha vez máis sen dúbida os ríos e as piscinas.
Nalgunhas zonas da provincia de Ourense como Valdeorras, A Arnoia ou Verín as temperaturas máximas chegaron aos 36 graos. Difícil, din, aproveitar a xornada deste xeito.
E malia a intensa calor e mesmo a dificultade para conciliar o sono polas noites, algúns agraceden estas xornadas típicas do verán.
Segundo anuncian as previsións os termómetros daranse un respiro, e no interior poderase gozar do verán sen as temperaturas abafantes destes últimos días.