As Rías Baixas poderían superar o 70% da ocupación hoteleira en agosto
Publicado o 26/07/2020 14:40
Os hoteis das Rías Baixas amósanse optimistas canto á ocupación hoteleira prevista para o mes de agosto. Se no mes de xullo andou polo 50 %, agosto podería pasar do 70 %. Mudou o xeito de planificar as vacacións e hai moitas reservas no último momento.
Se agosto é o mes por excelencia para coller vacacións, Sanxenxo é o destino preferido para gozar da época estival. O sector cre que se os datos de ocupación en agosto serán bos é polas medidas de seguridade que se están a adoptar.
Pese á caída do turismo, Galicia recibe máis viaxeiros ca as Canarias ou as Baleares.
O turismo rural tamén gozará duns datos optimistas durante agosto.
Máis sobre Galicia
28/01/2021 10:04