CRTVG

Buscar

As restricións de mobilidade tamén afectan os negocios e veciños dos concellos lindeiros

Publicado o 20/10/2020 20:09

Está só a un par de metros do Carballiño, pero esta gasolineira pertence ao concello de Maside. Dende o pasado xoves cruzar dun lado ao outro está prohibido, a non sexa por unha causa xusitificada.

"Ao non deixar entrar nin saír nótase moito porque nós a maior parte da clientela é do Carballiño. Xa non hai coches, nótase na clientela do bar, xa non hai xente", di Pilar Noyes, empregada da estación de servizo.

Unha realidade que tamén afecta o día a día dos veciños de localidades coma esta de Dacón, acostumados a acudir ao Carballiño, a capitalidade da comarca, para case todo. 

"É onde se compra a roupa, o calzado e moitas cousas. Aféctanos porque está O Carballiño e tamén Ourense, entón onde vai un?". "Eu xa tiven que pedir un permiso para ir dar as masaxes ao Carballiño. Isto éstá complicado, complicado", afirman os veciños.

A piques de facer unha semana do confinamento perimetral de case 18.000 persoas entre o Carballiño, Boborás e O Irixo, neste cine de Leiro, resentido xa pola situación, o balance non pode ser peor.

Enesto Romero, propietario do cine de Leiro, sostén que foi a peor semana dende que abriu en 1983. Outro comerciante desta vila do Ribeiro afirma que se nota, pero que teñen que seguir vivindo para intentar superar isto.

Ese é o obxectivo desta restricións. As mesmas que se aplican en Ourense e Barbadás e que comezan a dar resultado.

Noticias web

20/10/2020