CRTVG

Buscar

As restricións obrigan a reorganizar a actividade deportiva non federada

Publicado o 22/10/2020 15:45

As limitacións non afectan ao deporte federado, pero si á actividade física tanto ao aire libre como nos centros deportivos.

Os grupos non poderán superar as cinco persoas mais o monitor, sempre que non se supere o 50% da capacidade do local. Nos centros deportivos xa viñan traballando con grupos reducidos que en moitos casos hai que volver organizar.

Segundo os datos de Sanidade, só un 0,2% dos casos de covid-19 teñen que ver con centros deportivos.

 

Noticias web

22/10/2020