CRTVG

Buscar

As restricións de mobilidade baleiran os talleres

Publicado o 09/11/2020 14:22

Un coche acaba de entrar no taller. O primeiro que se fai é desinfectalo: "Protexemos todo o que podemos tocar e póñemolle o ozono durante 15 ou 20 minutos".

Un proceso que se repite antes de entregar o coche. Alónganase as reparacións e increméntanse os custes pero os clientes van a menos. Aquí notárono dende hai un mes co confimanto de Ourense. Máis da metade dos seus clientes son da cidade.

José Vilarchao, da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense: "Máis ou menos afectounos a todos, pero os que estamos nas zonas industriais máis porque estamos máis lonxe da cidade".

Para manter a clientela decidiron recoller os vehículos no domicilio.

José Vilarchao, da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense: "Temos que sobrevivir e temos que facelo. Hai moita xente que se non llo vas buscar lévao onde está máis preto e punto".

Aínda así, a actividade baixou considerablemente.

José Vilarchao, da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense: "Se non andas, non tes que facer o mantemento, nin gastas rodas, nin aceite nin nada. Entón unicamente cando tes que pasar a ITV".

Temen que se as restricións de mobilidade se prolongan moitos ser vexan na obriga de pechar.

Noticias web

09/11/2020