CRTVG

Buscar

As reservas de última hora melloran as expectativas do turismo rural para esta ponte

Publicado o 04/12/2019 15:02

A Axencia de Turismo de Galicia non ten estimacións de ocupación das prazas de turismo rural para esta ponte pero o dato acumulado ata outubro reflicte que as reservas neste tipo de aloxamento medraron nun 5 por cento con respecto ao ano anterior, sexa por cuartos, por apartamentos ou por casa íntegra.

"Moitas reservas de última hora pero estamos case completos tantos apartamentos como casa rural", di Ana Martínez, xerente dun establecemento na Baña.

"Veñen moitras familias a coñecer Galicia e Santiago, veñen moitos peregrinos en grupo porque están máis cómodos", explica Xosé M. Miramontes, dono dunha casa en Santiago.

"Escogimos turismo rural porque bos gusta ver las tierra en esencia y conocer cómo vive la gente aquí", conta unha turista de Forteventura.

Malia a chuvia de novembro, hai dúas semanas que os clientes souberon que en Galicia ía ir sol na ponte da Constitución e, nese momento, aumentaron as chamadas para reservar praza e aínda están a facelo nestes últimos días pero se encontran, en moitos casos, cos que foron máis previsores.

A oferta estes aloxamentos é cada vez máis ampla, desde gozar dun jacuzzi en plena natureza ata facer un asado de carne galega e calquera detalle e mellora pode decantar as preferencias dos clientes, mesmo a historia do lugar ou da casa.

Galicia dispón de arredor dun cento de aloxamentos de turismo rural espallados por todo o noso territorio, boa mostra de todos os engados e atractivos que vén buscando o turista que quere coñecernos polo miúdo.

Noticias web

04/12/2019