CRTVG

Buscar

As propostas máis innovadoras xúntanse no festival Escenas de Cambio

Publicado o 07/02/2019 22:47

Arranca a quinta edición do festival Escenas do Cambio na Cidade da Cultura con proxectos teatrais de aquí e de fóra.
Dez días en que o Gaiás acollerá as propostas máis innovadoras e arriscadas do que se move na vangarda de todo o mundo. Un festival de inverno de teatro, danza e arte que serve de escaparate para a presentación de cinco novos proxectos creativos da escena galega.

O proxecto dos artistas Melania Cruz e Tito Asorey, Empapelado amarelo, abre o certame que se presenta como unha das citas culturais imprescindibles para poñer en valor os traballos feitos na nosa terra e tamén os que acadan sona internacional e que son referentes a nivel mundial.

Escenas do Cambio conta cunha ampla rede de colaboradores como o Instituto Nacional das Artes Escénicas, o Concello de Santiago ou o Centro Dramático Galego. Contará, ademais, con obradoiros, encontros e conversas cos artistas.


 

Noticias web

07/02/2019