CRTVG

Buscar

As primarias dos demócratas nos EUA convértense nun "todos contra Sanders"

Publicado o 26/02/2020 09:02

Nas últimas horas, nos Estados Unidos, acapara toda a atención o veterano demócrata Bernie Sanders, que segue en cabeza e segue medrando nas primarias, camiño de converterse en rival de Trump para as presidenciais. No debate de onte escenificouse un "todos contra Sanders". Consideran que poñer ao mando do partido un socialista declarado sería retroceder ás ideas revolucionairias dos 60. Criticárono moito por dicir que Castro desenvolveu en Cuba un importante programa sanitario e de alfabetización, "aínda que todo o mundo sabe que é verdade", replicou o vello senador. Ata o acusaron de recibir apoios de Putin para polarizar a campaña na busca dunha nova vitoria de Trump.

Noticias web

26/02/2020