As praias da comarca de Ferrol prepáranse para recibir os mellores surfistas do mundo no Pantin Classic
As praias da comarca de Ferrol prepáranse para recibir os mellores surfistas do mundo no Pantin Classic, proba que se vai disputar a partir do mércores. As boas condicións naturais desta zona da costa galega fanna óptima para a práctica do surf que ao seu redor move unha oferta turística que medra ano tras ano.
Situado aos pés da praia e da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, este cámping é un das incorporacións máis recentes á crecente listaxe de establecementos turísticos que inclúen na súa oferta servizos para os que practican surf.
Malia que non hai rexistros nin datos oficiais sobre o impacto que unha actividade como surf ten en Ferrolterra, a súa presenza no turismo da comarca é cada vez maior. Desde a marca de promoción turística Costa das Ondas, creada hai catro anos desde a mancomunidade de municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, cifran en 12 as praias con alta calidade para a práctica do surf que contan con 12 escolas deste deporte, un museo e 30 establecementos turísticos.
Moitos deles aproveitarán para visitar Ferrolterra nestas datas coincidindo coa celebración do Pantin Classic.