CRTVG

Buscar

As pemes e autónomos piden medidas urxentes para poder manter a súa actividade

Publicado o 20/10/2020 16:41

As pequenas e medianas empresas están preocupadas polos impostos. Piden que lles apracen os pagos e un plan de axudas directas para poder manter a súa actividade.

Din que a situación en que se tomaron as primeiras medidas de axuda ás empresas se está prolongando, e é necesario un plan de apoio máis ambicioso que aposte polo mantemento do tecido empresarial.

Aprazar impostos, novas deducións á Seguridade Social e liñas de axuda directa que dean liquidez ás empresas son algunhas das medidas imprescindibles para poder seguir adiante.

Máis da metade das pequenas empresas ven o seu futuro en risco e arredor dun 90% reduciu os seus ingresos debido á covid-19.

Tamén para os autónomos a situación é critica pola incerteza.

A demanda cae, non hai ingresos, e para moitos a situación é insostible.

A pequena empresa reclama medidas urxentes porque as que se tomaron ata o de agora non abondan.

Os empresarios tamén piden un esforzo para evitar a imaxe de inestabilidade de España no exterior.

Noticias web

20/10/2020