CRTVG

Buscar

As peixeiras de Vilagarcía únense ao consumo responsable a través dunha app

Publicado o 26/06/2020 15:12

Elas forman parte dos centos de establecementos a nivel mundial que rescatan do lixo os produtos frescos que non se venden. Consígueno a través dunha app gratuíta de móbil, TooGoodToGo, que rescata os excedentes diarios de comida a cambio de prezos reducidos.

O posto de peixe de Carmiña é un deles e podemos atopalo nesta aplicación móbil gratuíta.

E todo este peixe fresco do día que non se venda métese en packs e a través desta app póñense á venda a prezos moi baixos.

O obxectivo, pór en práctica hábitos de consumo responsables e lograr cero desperdicios. Elas tres decidiron unirse a esta aplicación no mes de abril, no medio da pandemia. TooGood ToGo é un movemento social a nivel mundial dende 2016. 

Unha iniciativa á que tamén se suman restaurantes, supermercados, pastelerías e froiterías. O obxectivo é rescatar estes alimentos, dado que cada ano un terzo da comida producida a nivel mundial acaba no lixo. 

Noticias web

26/06/2020